CRTVG

Buscar

Luar

Os nenos prodixio, con Joselito, María Isabel e Melody

08/04/2016 22:00 h

O programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio recibirá a Joselito, Melody e María Isabel.
José Jiménez Fernández, máis coñecido coma Joselito, foi un dos primeiros nenos prodixio do panorama español. Debutou na década dos 50 como actor e cantante e chegou a ser protagonista de 14 filmes.O veterano cantante estará acompañado no escenario do espazo musical da Televisión de Galicia por outras dúas estrelas da canción que debutaron sendo nenas: Melody e María Isabel. Andaluza de Dos Hermanas e nacida no seo dunha familia vinculada coa música e Melody deuse a coñecer con tan só dez anos co seu popular disco “De pata negra” e o famoso “El baile del gorila”.

A máis nova deste trío de prodixios é María Isabel, que saltara á fama no Festival de Eurovisión Infantil 2004, con “Antes muerta que sencilla” e só nove anos de idade. Candidata tamén a representar a España en Eurovisión en 2016, quedou cuarta na gala de selección. 

Atopar capítulo por: