Alalá
Os Maios de Ourense
Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia.
Os maios son construcións humanas vexetais que honran a chegada da primavera e da fertilidade. En Galicia a festa dos maios permanece dunha forma máis viva en Ourense, onde se mantén grazas ao oncurso establecido en 1917. Dende aquela a festa dos Maios seguiu viva premiando os maios máis fermosos, os que mellor honran o froito da natureza.
Ourense é a única cidade galega que conserva todas as festas relacionadas cos ciclos agrarios e da natureza. Acompañando os maios, os concursantes cantan as coplas que son composicións que critican con humor todo o que se poña por diante. Dende políticos ata veciños de Ourense pasando por Rodolfo Chikilicuatre.