CRTVG

Buscar

Alalá

Os Jalos de Antioquia

03/03/2009 22:05 h

Contaxiados da maxia do entroido de Xinzo de Limia, desde Alalá descubrimos, tal e como conta a lenda­, o cantar dos jalos d’Antioquia baixo a asolagada Lagoa de Antela. Esta é a lenda pero o certo é que os Jalos d’Antioquia son un grupo de músicos que levan a festa como estandarte. A súa misión é cantar e tocar ata que o corpo aguante en festas, ceas, celebracións varias, tabernas, despedidas de solteira... Alá onde eles e o seu público estean dispostos a pasalo ben. 

Atención porque isto é moi importante: non cobran nada! Isto permítelles a liberdade de movemento á hora de elixir os escenarios. Estes Jalos cautiváronnos porque cando empezan a tocar e a cantar os seus fieis seguidores enganchan o ritmo; e non se preocupen se non saben cantar ou as letras, eles encárganse dese pequeño detalle: reparten as letras das cancións para que ninguén teña que quedar coa boca pechada.

Veremos como é a vida destes músicos. Algúns como Juan e Luis, os jalos mais veteranos, aprenderon dun mítico grupo: os gaiteiros de Baronzás, e deles teñen no seu repertorio algúns temas.

Para eles unha cita imprescindible é a do entroido. Hai que dicir que o de Xinzo de Limia é un dos mais longos de España, son cinco semanas e sábelles a pouco. Nestas datas os Jalos, participan coa súa música dese sentimento que como limiás teñen todos eles.

Unha característica fundamental importante que imos saber: os jalos teñen duas caras, unha a de diario e a outra cando levantan a cresta e se poñen a cacarexar. Hai que velo!

Atopar capítulo por: