CRTVG

Buscar

Alalá

Os Faíscas de Solobeira

12/01/2010 22:00 h

Imos de romaría a Santa Marta de Pontearnelas que é avogosa para os males de oído. Nesta festa, e desde hai vinte anos, espertan coa alborada que toca sempre o mesmo grupo: Os Faíscas de Solobeira. Ernesto, Xocas, Chilro e Xosé Manuel son os heredeiros musicais dos famosísimos Campaneiros de Vilagarcía. Durante os sete ou oito quilómetros que percorren dalles tempo aos Faíscas a tocar un repertorio de corenta ou cincuenta pezas, moitas delas dos Campaneiros.

Neste Alalá imos percorrer con eles, a pé, camiños e corredoiras, pistas, eiras e meterémonos nas casas dos que conviden ós gaiteiros. Vivimos unha alborada desde dentro, unha como as de hai anos nas que os gaiteiros ían por todas as vilas e parroquias. Despois de chegar á capela de Santa Marta, comeremos o polbo e pola tarde agarda a procesión e a danza de Arcos de Covas. Un día completiño cos Faíscas de Solobeira!

Atopar capítulo por: