Alalá
Os de Queixas
Ao gaiteiro deste Alalá defínenno todos como un “todoterreo”, moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a un sinfín de oficios: afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paragüeiro, albanel e ata enterramortos - por dezaoito anos!
A Manuel Gende a gaita sempre lle gustou e a súa aprendizaxe pasaba como el dí, “por estar ó redor dos gaiteiros” según el se non te mollas non podes pescar troitas no río; e esto de aprender música ou calquera outra cousa é igualiño. Un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración, non era capaz de estar sin eles. Unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.
Gende é un home excepcional e gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a ensinarlle á muller e a unha veciña algúns dos temas do seu extensísimo repertorio (que ten unhas duascentas corenta e cinco pezas).
Moita xente de Cerceda recorda que os primeiros pasos de baile déronos con Manuel Gende, co cuarteto os de Queixas.