CRTVG

Buscar

Casa Manola

Capítulo 25: Oito apelidos andaluces

17/07/2017 22:30 h

Raimundo Montoya “El Percebe”, un famoso cantador flamenco, habitual das revistas do corazón polas súas aventuras sentimentais, está a facer o Camiño de Santiago para promover o seu novo disco. Ao aloxarse en Casa Manola, Fanny non pode evitar sentirse atraída polo carismático personaxe, sen decatarse do asombroso parecido físico que este garda co seu pai, o que dá pé a comprometidas situacións.
Durante a estadía do cantador, Sindo convéncese de que tamén ten “duende” e non dubida en mover os seus contactos para dar un concerto xunto a un artista de nivel: Cañita Brava.
Mentres tanto, Nacho trata de afastar a súa nai de Cabanés anotándoa en actividades para a terceira idade no centro social da vila. Alí non tardan en aparecer novos perigos, como Edelmiro, que só vai ás clases de bailes de salón para seducir viúvas.

Atopar capítulo por: