CRTVG

Buscar
'Baseado en feitos reais'

'Baseado en feitos reais'

21/05/2019 - 01:00 h
'Apocalipse modorra'
14/05/2019
01:00 h
'A febre do ouro'
07/05/2019
00:55 h

Casa Manola

Manola é unha viúva de toda a vida – astuta e desconfiada- que vive co seu irmán Barrantes, un home que leva desde rapaz esaxerando e explotando a súa leve deficiencia para facer o que lle vén en gana. Aproveitando as subvencións europeas para casas de turismo rural, os irmáns rehabilitaron a vivenda familiar que tiñan no Portiño, unha pequena vila mariñeira de Galica. Coa reforma, a casa quedoulles impecable, pero nunca abriron o negocio ao público para non ter que meter descoñecidos no seu fogar.

Mais a Manola non lle vai quedar outra que aloxar ao hóspede máis querido e ao máis odiado: o seu fillo Nacho; apoucado, carente de iniciativa e alérxico aos conflictos, e a súa nora Vero; a cosmopolita muller de Nacho, cuxa aspiración é vivir ben sen ter que traballar. O matrimonio vese obrigado a regresar á aldea por culpa da crise, que os deixou sen traballo na cidade e sen poder manter o seu elevado tren de vida.

O único modo de que Manola consiga reter ao seu fillo xunto a ela é accedendo a poñer en marcha o negocio hostaleiro. Ao converter a vivenda familiar nunha casa de hóspedes e turismo rural, terá que aturar os comentarios da peculiar veciñanza, os caprichos dos hóspedes e as extravagantes ideas da súa nora, que segue a ter as mesmas pretensións que cando tiña cartos. Polo visto, non hai nada tan dificil como aprender a convivir en familia!

Casa Manola é unha produción de Mad Mex Filmanova para a TVG, gravada integramente en espazos naturais das localidades coruñesas de Coirós e Betanzos.

 

Casa Manola á carta