Alalá
O Rabel en Porto de Sanabria
Saíndo de Galicia en dirección ás montañas de Zamora pero aínda dentro da zona de fala galaica, hai un val polo que discorre o río Bibei. Na súa caberceira está Porto. Pertence á comarca de Sanabria(Zamora), sendo un lugar de alta montaña onde o oficio tradicional, en tempos pasados, foi maioritariamente a transumancia. A fala local, chamada “portuexo” é unha variedade dialectal do galego cun certo sustrato portugués.
Dende tempos moi remotos os transumantes de Porto, que percorrían as canadas dende Porto a Extremadura, tiñan a habilidade e o costume de tocar un instrumento arcáico de corda moi chamativo: o rabel. Con el realizaban moitas melodías, unhas veces coma un acompañamento para cantar eles mesmos (romances, etc.) e outras para bailar.