Cos pés na terra
O mestre Antonio / Xosé María / Carliños
02/02/2014 23:00 h
Da man do mestre Antonio, os espectadores coñecerán o día a día dunha escola unitaria, onde cada xornada é un conto. “Cos Pés na Terra” visitará tamén a Xosé María, un estudante de Ciencias Políticas reconvertido en aprendiz de labrego, criador de galiñas autóctonas e peiteador de circunstancias.
Ademais, para os que queiran coñecer un gardián dos segredos da cestaría, o espazo da Galega presentaralles a Carliños, sempre preocupado por obter os mellores vimbios e por traballar a bo ritmo.