Era visto
O mago / O vídeo de Lino / Mondo cane
14/03/2015 22:00 h
A proposta de humor costumista galego que cada sábado realiza o programa “Era Visto!”, con historias e personaxes do universo rural, comezará hoxe con Kevin afeccionado á maxia. O fillo de Moncho e Elvira non para ata que consegue mercar na internet un fabuloso truco de escapismo. Pero a maxia, polo menos en Lameiro, existe de verdade, así que non será tan fácil a realización do truco.
A continuación, a Lino róubanlle un vídeo que gravou coa súa moza Vanessa e enseguida o ve todo o mundo en Lameiro. No seguinte sketch, os espectadores poderán comprobar se un ser humano pode ser feliz e realizarse plenamente levando unha existencia canina.