Luar
O licor café, con Mónica Naranjo, Calum e o humor de Pepe Viyuela
Mónica Naranjo e o ídolo adolescente Calum serán as estrelas invitadas do “Luar” deste venres. A intérprete xerundense presentará o seu novo disco, “Lubna”, no programa conducido por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio.
Naranjo compartirá escenario co último fenómeno teen do panorama español: Calum, granadino de orixe irlandesa e unha promesa da música para adolescentes, xurdida da última edición dun coñecido talent show.
O espazo musical da Galega estará dedicado este venres ao licor café, tema sobre o que Patricia Vázquez fará un monólogo. Falarase tamén da receita desta bebida, con tanta tradición en Galicia, e dos mellores lugares para degustar un bo licor café.
O humor estará presente da man de Pepe Viyuela e non faltará, coma sempre, a música galega. A banda de gaitas Manxadoira tocará “Mazurcas” e Habelas Hainas “Festiña por dentro”.