CRTVG

Buscar

Alalá

O Lalín

13/04/2010 22:05 h

O Lalín é gaiteiro desde que con cinco anos quedou fascinado polo son dun punteiro. Con doce mercáronlle a primeira gaita, que custou dez pesos, todo o capital que tiñan seus pais. Porque o Lalín di que naceu nunha aldea “rebelde” e nunha familia na que escaseaba todo menos o cariño. Non tiñan leiras nin cartos. E el deuse conta de que traballando sempre para outros non ía saír da miseria. Por iso en canto puido escapou da terra que o esclavizaba e marchou a Vigo a traballar nunha empresa. Pero sempre coa gaita. Ata tocou nun barco que facía xiras turísticas nocturnas pola ría. 

Hoxe, con 74 anos, segue tocando e dando clases en tres agrupacións, e os seus alumnos adórano. Porque ademais de ser bo gaiteiro, o Lalín é un mestre formidable que lles aprende moitísimas cousas da música e da vida. Ten centos de anécdotas das que tirar algunha ensinanza e un xeito de contalas que fai que nas súas clases pasen máis tempo escoitándoo falar que tocando.

Atopar capítulo por: