Alalá
O Gaiteiro de Pol
Javier ten 83 anos e leva toda a vida apegado á música. Desde que era ben pequeno e tocaba a gaita co seu irmán menor Ginés polas romarías da contorna. Chamábanlles entón “Os de Silva” e á xente facíalles moita gracia ver a aqueles dous nenos enriba do palco facendo tanta festa. Despois aprendeu a tocar o acordeón nada menos que en Madrid e agora non hai un venres que deixe de ir ensaiar ata as dúas da mañá co seu grupo chamado Leña Verde no que toca o saxofón.
Javier é un gran músico e unha persoa tan amable que todo o mundo o quere. Os seus compañeiros do grupo, moito máis novos ca él, consideran un privilexio poder tocar ó seu lado e aprender da súa experiencia de tantos anos dedicado á música. Unha actividade para a que sacou tempo a pesar de ter que traballar sémpre como labrego. Un dos seus fillos é o que continúa coa explotación leiteira na que el invertiu moitos anos e esforzos. Viven xuntos co resto da familia na mesma casa de Andión (Pol) na que Javier naceu e na que se criou só con seu pai e seu irmán desde que a nai morrera cando el tiña só nove anos. Algo que o marcou para sémpre pero do que tamén soubo repoñerse axudado polo seu amor á música.