CRTVG

Buscar

Luar

O fútbol, con Ángela Carrasco, Kiko Rivera e De Vacas

19/02/2016 22:00 h

O fútbol é o tema sobre o que hoxe xirará o programa “Luar”, que se preguntará se é só unha paixón ou máis ben un negocio. Para falar do tema, o espazo da TVG contará coa presenza de Manuel Mandianes, un dos etnógrafos e antropólogos galegos máis coñecidos, que, no seu último libro, titulado “El fútbol (no) es así”, ofrece interesantes conclusións sobre este fenómeno sociolóxico.
No capítulo musical, o programa recibirá esta noite a visita do coñecido cantante e picadiscos Kiko Rivera, que interpretará o seu último éxito, “Sangre caliente”, un tema vibrante que combina reggaeton e electrolatino e que xa está nas pistas de baile de toda España.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio tamén ofrecerá a actuación a cantante dominicana Ángela Carrasco, unha das mellores voces da canción en español e unha das divas de América Latina durante os anos 70 e 80.
“Luar” contará tamén coa presenza no escenario do grupo feminino De Vacas, que ofrece unha versión lúdica de cancións coñecidas en calquera idioma.

Atopar capítulo por: