CRTVG

Buscar

Luar

O día do Pai, con Moncho Borrajo, Javi Cantero e Dyango

18/03/2016 22:00 h

O programa “Luar” contará hoxe coa presenza do cantautor madrileño Javi Cantero, que acaba de publicar “Recordando a El Fary”, un proxecto persoal co que lle rende unha merecida homenaxe ao seu pai, unha das figuras máis singulares da canción española.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio tamén recibirá esta noite a visita do artista catalán Dyango, un artista de ampla traxectoria dentro do panorama musical nacional, que durante a súa longa carreira artística obtivo 55 discos de ouro e 40 de platino, incluíndo no seu repertorio os mellores boleros, tangos e rancheiras, as vellas cancións dos guateques dos 60, decenas de éxitos e ata pezas líricas.
E de artistas consolidados a novas promesas musicais, xa que o programa da TVG ofrecerá a actuación da artista lanzaroteña Eva Ruiz.

Atopar capítulo por: