CRTVG

Buscar

Luar

O derbi musical e deportivo, con Lucía Pérez, Edurne e Falete

01/04/2016 22:00 h

  “Luar” prepárase hoxe para o duelo futbolístico do sábado entre celtistas e deportivistas. Farao cun derbi musical que, neste caso, será máis un irmandamento que un enfrontamento. Agrupacións musicais e orquestras de A Coruña e Vigo amosarán as súas habilidades nun derbi tradicional, en que participarán as asociacións culturais Donaire e Traspés, e nun derbi orquestreiro, coa participación de Los Satélites e Royal. Ademais, o programa conducido por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio contará coa súa galiña adiviñadora para predicir o resultado do partido e fará unha porra entre colaboradores, artistas e presentadores.
Como artistas invitados, “Luar” contará con Falete, que se atopa inmerso na súa xira “Soy lo prohibido” e interpretará os temas “Romance de la reina mercedes” e “La media vuelta”; Edurne, que cantará a canción coa que competiu en Eurovisión, “Amanecer”, ademais de “Basta”, e coa galega Lucía Pérez, unha coñecida dos espectadores do programa da Televisión de Galicia.

Atopar capítulo por: