Alalá
O Coea
Justo naceu no lugar de Coea, parroquia de Castañoso (Navia de Suarna), pegado ó río Navia, nun tramo en que marca o límite entre Lugo e Asturias: Navia de Suarna e A Fonsagrada por unha parte e Ibias por outra. Naceu no ano 37 e ós 14 anos aprox. comezou tocando gaita, unha gaita que lle mercaron en Lugo. Tres anos despois comezou co alcordeón, cun instrumento que lle tocou nunha rifa. Era un instrumento xa de tipo piano pero que tiña pouco máis dunha oitava. Con ese instrumento fizo xa os seus primeiros pinitos ("Doce cascabeles", "Campanera", etc.) e segundo progresaba foi mercando instrumentos máis perfeccionados. Na actualidade ten dous alcordeóns da interesante marca "Paolo Soprani".
O Coea ten un saco de anécdotas que contar sobre as súas experiencias tocando en festas e celebraciois da zona que se da en chamar montaña de Lugo. Para mín, aínda que el non me conoce moito porque non temos tido moito trato, é casi da familia polas constantes mencións que fain os veciños da montaña. En Cervantes non lle quedará lugar no que tocar, en Navia parecido, e en A Fonsagrada e Becerreá idem. Por esta razón ten un repertorio moi extenso, forxado a poder de experiencia, de tomar nota o que lle gusta á xente, de estar atento a cales son as pezas de moda. Como non pode ser de outro modo, tamén toca innumerables melodías galegas do extenso repertorio da montaña e de outras zonas de Galicia.
Na actualidade, e dende hai varios anos, vive en Cuatro Vientos (Ponferrada), como tantos cervantinos e naviegos, ó ser unha zona moi ben comunicada, con bon clima e moitas máis oportunidades que na montaña sen casi "saír da casa" por que Ponferrada está a un paso. Precisamente para O Bierzo estano chamando moito últimamente, desde que o están descubrindo. Relacionado con esto hai que comentar que tódolos sábados fai baile nun club dde xubilados que hai perto da súa casa, cousa que lle resulta moi atractiva ademáis de darlle seguridade.