Alalá
O Bartolo
Hai dúas cousas que enchen de orgullo a Bartolo. Unha é que ó longo da súa vida leva feito milleiros de gaiteiros e a outra é a súa familia. Unha familia volcada na música tradicional. Bartolo é un dos grandes gaiteiros de Compostela, pero ademais é artesán e mestre de gaita. A súa muller, Rita, foi primeira bailarina en Cantigas e Agarimos e tamén a encargada de vestir as gaitas que el facía. Os fillos tamén tocan e bailan e ademáis, a filla é a presidenta da Asociación do Traxe Galego. Os netos tamén andan nisto. E ata a nora e o xenro, e os mozos e mozas dos netos.
Na casa de Bartolo, o que non saiba tocar ou bailar non pasa a proba. Así que imaxinade como serán as festas que fan. Neste Alalá asistimos a unha desas festas. E ademais estaremos cos alumnos de Bartolo, e verémolo tocar na catedral no Día do Traxe Galego, cos seus compañeiros de partida.