CRTVG

Buscar

Larpeiros

Novos sabores do mar

29/05/2018 22:15 h

O pratos máis tradicionais e os xeitos máis innovadores de combinar os alimentos e os sabores é o tema de conversa dos “Larpeiros”. Algo que aprendemos os galegos nos últimos tempos é a xuntar os peixes e os mariscos con verduras, por exemplo. Nos guisos e caldeiradas sempre houbo unha ceboliña, uns chícharos..., pero hai moitas máis verduras e algunhas fan unhas combinacións marabillosas cos sabores do mar. As alcachofas, os tirabeques, os grelos ou as espinacas forman parellas estupendas coas ameixas e os berberechos, que agradecen moito a súa compaña.
Benigno Campos é sempre un dos primeiros en apuntarse cando se trata de xuntar produtos do mar con verduras. E pensa levar esta combinación un pasiño máis alá preparando unha minestra con mexillóns e berberechos, unha minestra sinxela, pero con moito sabor, que combina especialmente ben co marisco.
Adrián diríxese a Pontevedra, onde fai unha investigación en profundidade sobre os petiscos que preparan os cociñeiros da cidade e que conseguen sacarlles novos sabores aos produtos do mar.
De volta na casa, a festa é completa co tiramisú que preparan Leni e a cociñeira convidada, Gloria Mascuñana.

Atopar capítulo por: