CRTVG

Buscar

Luar

Noite regueifeira, con Los Chunguitos, Rafael Basurto e Los Panchos, Kiko e Shara, e Leilía

20/05/2016 22:30 h

O “Luar” recibirá no escenario este venres a dous afamados dúos da música española: Los Chunguitos e Kiko y Shara. Moito máis novos, os irmáns Gaviño, habituais nas listas de supervendas desde que comezaran a súa andaina musical en 2006,  acaban de volver á música logo do paro que iniciaran no 2010 para lanzar a súas carreiras en solitario. O programa que presentan Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e  Rocío Barrio contará igualmente cun clásico do bolero, Rafael Basurto, a voz de Los Panchos, último líder do famoso trío en activo ata que hai uns anos se reagrupara a formación. 
Outros dos artistas invitados nesta edición de “Luar” serán a orquestra Los Players e Los Zares, formación que fai versións de artistas destacados das décadas dos 60 e 70, como Los Bravos, Los Brincos ou Andrés do Barro, e que fará bailar o público da Televisión de Galicia a ritmo de guateque. 

Atopar capítulo por: