CRTVG

Buscar

Luar

Noite de taberna no 'Luar'

30/11/2012 22:00 h

Noite de taberna para o “Luar”. O programa da Televisión de Galicia dedícase aos taberneiros. E para ambientar o lugar, o programa que presenta Xosé Ramón Gayoso r´ndelles unha homenaxe con música popular galega, contando con Treixadura, Saxos de Redondela, Son do Sil e as pandeireteiras de Toutón.

Ademais da música de raíces galegas, o programa tamén é o escenario para que recoñecidos cantantes españois lles presenten os seus novos traballos discográficos á audiencia galega. Este será o caso do grupo El Consorcio, os irmáns Uranga teñen novo disco, “Ronda de noche”, un tributo e homenaxe á música mexicana. Outra cantante con novo disco é Celia Flores, pertencente a outra das sagas de artistas como son seus pais Antonio Gades e Pepa Flores.   

Por outro lado, continuarán os concursos para os talentos musicais e de baile. En ‘Recantos’ actuarán Tania Veiras e Iria Cid, e en “Punta Tacón” as parellas participantes iniciarán unha nova rolda a ritmo de xota.

Para finalizar Campos e Crespo, Pascual e Marcial porán a nota de humor e Santiago Pemán  traerá o seu refraneiro popular.

Atopar capítulo por: