Alalá
Noitarega
Se hoxe temos a moita e boa música tradicional galega é, en boa parte, grazas a todos aqueles que a salvagardaron e dignificaron incluso cando corrían malos tempos. Na etapa do franquismo, por exemplo, cando o réxime utilizaba unha imaxe de folclorismo artificial da nosa música, había grupos que resistían e seguían facendo música de raíz. Na zona de Vigo, nesa época había grupos tremendamente popular coma os Morenos de Labadores, e gaiteiros como Ricardo Portela. Pois o grupo que imos coñecer esta noite está formado polos herdeiros destes grandes músicos. Tanto, que un dos seus compoñentes é neto dun dos Morenos. Por iso intentan conservar a esencia da música tradicional, no repertorio, no xeito de interpretar, e mesmo na instrumentación. Pero iso si, sen renunciar a facer algúns arranxos e misturas novidosas que fan que a súa música soe diferente. Xa o veredes a súa música soa só a Noitarega...