Alalá
Nela
Para alguén como Nela, tocar só non deixa de ser un feito anecdótico típico dos días de ensaio na casa e a pesar de que a zona de Taramundi é un lugar de gaiteiros solistas, como na Fonsagrada el o que lle gusta é tocar acompañado.
Case todas as semanas reúnese cun grupo de gaiteiros que veñen dende a Fonsagrada ata Oscos. Galegos e asturianos. Todos músicos e todos amigos e Nela é o que organiza as convocatorias. Lugares para tocar e montar farra hai; en Taramundi existen varios complexos etnográficos rehabilitados nos que se construiron cantinas que constitúen espazos perfectos para as farras dos gaiteiros deste século.
Aínda que Nela agora esté xubilado e teña tempo e diñeiro para disfrutar da vida, non foi sempre así. A maior parte da vida traballou noi campo e como louseiro que por certo, era dos bós. O da pedra sempre se lle deu ben, de feito él mesmo revestiu a súa casa en Bres. A pesar de ter tido unha vida dura, hoxe en día Nela vive tranquilo, gozando dos pequenos momentos. A súa receita da felicidade ten 3 ingredientes: amigos, bó humor e moita música.