Luar
Natalia, Lucrecia, Cantores de Híspalis e Pili Pampín
O equipo de “Luar” non podía deixar pasar esta noite tan máxica sen dedicarlles principalmente aos nenos, os grandes protagonistas da xornada, esta edición do programa. Ademais das actuacións musicais e das seccións habituais, a diversión está presente tamén a través dos xogos tradicionais e modernos que espertan a nostalxia dos luareiros e o interese dos máis pequenos da casa.
O programa conta coas intervencións de alumnos e alumnas do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, que cantan o tema ‘Cando Chega o Nadal’, gañador do concurso musical da CRTVG para estas festas; os bailes tradicionais do grupo infantil de Cantigas e Agarimos; do coro do colexio da Compañía de María de Ferrol; a música de percusión dos mozos de Rockestra Proval, e os números da asociación Coda, de Vilagarcía de Arousa, que está a triunfar co seu musical de ‘Shrek’ en galego. O programa recibe un dos personaxes favoritos da TVG, o Xabarín, e o pallaso galego Peter Punk.
As panxoliñas e a música máis actual segue destacando nas actuacións musicais da cantante Natalia, da cubana Lucrecia, de Cantores de Híspalis e de Pili Pampín.