CRTVG

Buscar

Luar

Miriam Rodríguez, Guadi Galego e Hevia

18/05/2018 22:00 h

Neste Luar que se suma á celebración das Letras Galegas, actúa Miriam Rodríguez, ex-concursante galega de Operación Triunfo, que lanzou o mes pasado en Youtube o vídeo musical do seu primeiro sinxelo 'Hay algo en mí'. 
Guadi Galego presenta no programa o seu cuarto álbum en solitario, 'Bóla de Cristal', que acaba de publicar hai apenas unha semana. Completa unha triloxía –Lúas de outubro e agosto e O mundo está parado- en que a artista cedeirense pecha un ciclo en que toma conciencia sobre o mundo e sobre como lle gustaría que este fose a través das súas cancións. 
O gaiteiro asturiano Hevia regresa con novo disco baixo o brazo. 'Al Son del Indianu' xurdiu tras varios anos traballando entre Santo Domingo e A Habana, e nel explora os ritmos que o motivaron a seguir a pegada dos indianos, aqueles asturianos que emigraron a América e os gaiteiros que os acompañaron. 
Os grupos de baile Fortín da Pomba (A Bandeira) e A Buxaina (Vigo), a orquestra Solara, o Grupu Xeitu, a banda de música de Antas de Ulla, as pandereteiras As Rinchonas de Corcubión, Miel & Ángel Barry e Os Pandeireteiros da Porfía, completan  as actuacións musicais. 
Tamén participan en Luar o contacontos Celso Fernández Sanmartín, os Hermanos Infoncundibles e os seus números circenses, ademais dos concursantes de Vai de Baile e Recantos. 

Atopar capítulo por: