CRTVG

Buscar

Luar

Manu Tenorio, Paloma San Basilio, Orquestra Panorama e Pandeireteiras de Verducido

04/11/2016 22:00 h

Manu Tenorio presenta en Luar o seu novo sinxelo “Hoy he vuelto a recordar”. O cantante sevillano empezou no mundo da música con 17 anos e saltou á fama tras a súa participación en Operación Triunfo. Desde entón, Manu Tenorio xa publicou sete álbums.

Paloma San Basilio volve ao programa e esta vez interpreta os temas “Solo en ti”, “Luna de miel” e mais “Por ti volaré”.

Ademais, o programa conta coas actuación de Carlos “Pichi”, das Supremas de Lugo e da Orquestra Panorama, que interpreta “As feridas da alma”.

Unha das novidades desta edición do “Luar” é que os espectadores poden ser testemuñas dun duelo de forzudos. A campioa de España de strongwoman, Eva Fernández, reta a Roberto Rodríguez a baterse nun duelo en que hai dende lavadoras a coches. 

A música tradicional chega coas Pandeireteiras de Verducido e a Coral de Ribadeo. Na sección “O noso son”, Pablo Carpinteiro trae as Cantareiras Rosalía de Castro

Na sección “Leña á Ferreña”, presentada por Pile Alonso, enfróntanse dous novos pandeireteiros para decidir cal é o mellor. Pero non todo será música. O amor tamén ten un lugar na sección “Luar de Mel”, presentada por María Carballeira. Na sección “Trucos de Barrio”, Rocío Barrio dá os mellores consellos domésticos para facilitar as tarefas do día a día.

O programa finaliza co concurso “Recantos”. Desde A Mariña chega Lara, que interpreta a canción “Nunca chove no sur de California”. As Tatas das Terras de Ordes cantan “O boxeador”.  

Atopar capítulo por: