CRTVG

Buscar

Alalá

Manolo Solla

12/10/2010 22:05 h

Manolo Solla naceu en Vilariño, Hío, no Concello de Cangas. De moi pequeno trasladouse cos seus pais a Vigo, pero Vilariño segue a ser o seu lugar de referencia; aquí foi onde se sentíu atraído pola gaita, cando saían a percorrer as parroquias de Hío durante o seu famoso entroido.  

A vida  deste home foi moi intensa e a súa traxectoria musical tamén. Estivo en moitos grupos: Os Cuncheiros, Vento das Cíes... en formacións famosísimas no momento como eran os Cruceiros , un dos máis importantes da música nos anos sesenta e nos que estaban figuras como Henrique Otero ou Portela. Tamén formou parte dos “Airiños Galegos de Sampaio” e o que nunca deixou foi de ensinar, xa que foi e segue a ser mestre. Na Asociación de Lavadores en Vigo leva vintesete anos.

Na década dos sesenta e setenta facer anuncios para radio e televisión non era habitual, pero Solla púxolle a música a varios anuncios publicitarios na radio e na televisión ademais de gravar varios discos en Madrid. Foron momentos gloriosos para o mestre gaiteiro.  

A Manolo agora gústalle tomar as cousas con tranquilidade e coidar dos seus tesouros, o máis importante é a súa netiña Sabela.

Do gran aprecio que lle teñen todos, grandes e pequenos, é excusado falar. En nada e menos xúntanse uns cantos amigos e a facer un pouquiño de festa. En Vilariño, hai dous anos, os da asociación cultural “O Gato” fixéronlle unha homenaxe, un recoñecemento a unha labor moi importante que el desempeñou ao longo dos anos.

A vida de Luchiño – que así lle puxo súa avoa cando o veu ao nacer- foi unha historia dura e moi feliz á vez.  Moi dura na infancia e chea de reveses despois, como foi a perda dos seus dous fillos. A Manolo agora gústalle tomar as cousas con tranquilidade e coidar dos seus tesouros, e o máis importante para el é a súa netiña Sabela.

Do gran aprecio que lle teñen todos, grandes e pequenos, é excusado falar. En nada e menos xúntanse uns cantos amigos e a facer un pouquiño de festa. En Vilariño, hai dous anos, os da asociación cultural “O Gato” fixéronlle unha homenaxe, un recoñecemento a unha labor moi importante que el desempeñou ao longo dos anos.

Lucho falaranos de episodios clave na súa vida, de como mercou a súa primeira gaita ou dos duros momentos no traballo. A vida dun home entrañable, sensible, amigo dos amigos, un gran mestre e por suposto un magnífico gaiteiro.

 

Atopar capítulo por: