CRTVG

Buscar

Alalá

Malvela

14/02/2006 22:05 h

Cando un grupo de mulleres se anotou no curso sobre cantos populares dirixidos pola cantante Uxía na aldea da Sanguiñeda (Mos) ninguén presaxiaba cal ía ser o resultado. Aquela actividade ía dar na creación de Malvela, un divertimento que iría moito máis alá ata gravar discos, montar espectáculos, facer xiras máis alá das nosas fronteiras e sorprender no panorama musical galego.

A frescura, a enerxía, a poderosa forza do noso, o entusiasmo destas mulleres que saen das súas casas para converterse en artistas e o engado das cancións tradicionais están na base do seu éxito.

Atopar capítulo por: