CRTVG

Buscar

Alalá

Maios de Vilafranca

22/05/2007 22:05 h

Desprazámonos ata Vilafranca do Bierzo para vivir en primeira persoa unha das tradicións máis antigas que se coñecen: o Maio vivo. É certo que os Maios tamén se celebran en Galicia, pero desgraciadamente ningún Maio vivo como o que se celebra en Vilafranca do Bierzo. O Maio vivo ou Maio mozo.

Di a lenda que o día 1 de maio o inverno e a escuridade morrían, porque era o día no que chegaba o maio e toda a natureza renacía en cores e olores. O maio iniciaba o ciclo agrario do ano e traía con el a fertilidade, por iso se celebrou en zonas nas que sempre se viviu do froito da terra, como Vilafranca.

O Maio mozo diferénciase dos Maios galegos en que aquí o Maio cobra vida, porque varios mozos da vila visten con Cañaveira, que en Galicia chamamos Mazandois ou Apio dos Cabalos. Por cada rúa hai un Maio e por cada Maio varios músicos que o acompañan cantando unha copla milenaria casa por casa. As estrofas da copla fan unha petición moi parecida a un aguinaldo e segundo a xenerosidade dos veciños cántase unha estrofa de agradecemento ou con ironía e escarnio.

Unha tradición milenaria que une home, natureza e música nun espectáculo sobrenatural: O Maio Vivo de Vilafranca.

Atopar capítulo por: