CRTVG

Buscar

Luar

Luar recibe a Sara Montiel e José Mercé

07/12/2012 22:00 h

Nesta edición Xosé Ramón Gayoso está acompañado de Quique Morales, presentador de “A Revista da Tarde”, os dous xuntos presentan a estrela por excelencia do cuplé: Sara Montiel. A cantante e actriz volve pisar o escenario de “Luar” para ofrecerlles a súa música. Ademais, ao final do programa Sara Montiel cantará en galego coa Coral de Oleiros. Xunto a esta grande tamén está outro dos grandes do cante flamenco e pertencente a unha das sagas de cantadores máis prolíficas, José Mercé.

Outras actuacións serán as que ofrezan os sons galegos de Lirolai, a Banda de Gaitas Mencía, a Coral de Oleiros. Doutro lado, rolda para os concursantes de “Punta Tacón” e “Recantos”. Hoxe bailan a ritmo de xota Triquilleiros de Santiago e Xoldreiras de Culleredo e cantarán Nathy Sánchez, das Terras do Eume, e Noe, da ría de Pontevedra.

Atopar capítulo por: