CRTVG

Buscar

Luar

Soraya e Azúcar Moreno

11/09/2015 22:00 h

Ras e Jota serán os primeiros grafiteiros en deixar a súa firma no escenario do programa, en que se alternará a música tradicional da Agrupación Folclórica Castro Floxo e as actuacións de Soraya e Azúcar Moreno que, ademais de interpretar temas dos seus repertorios, se animarán con singulares versións de cancións en galego.

Pau, que chegará dende a Costa da Morte, e Guisande, do Miño, estrearán a nova edición de “Recantos”, mentres que Felipe e Xaquín serán os primeiros en mostrar o seu talento como instrumentistas en “Vai de Gaita”.

Os espazos máis veteranos alternarán coas novas seccións, como a de humor, que estrearán a parella de humoristas de Aldaolado e a gastronómica, en que Ana Oca mesturará o sabor dos percebes e das estrugas.

Atopar capítulo por: