CRTVG

Buscar

Luar

Luar entroido

05/02/2016 22:00 h

O programa “Luar” terá como artista invitado este venres o cantante sevillano Manu Tenorio, que presentará o seu último disco “Con el alma encendida”. Tenorio compartirá escenario con María Jesús e o seu acordeón, a orquestra El Combo Dominicano e a Agrupación Folclórica Abiñadoira, que interpretará a “Xota de Calvos”, nun programa dedicado ao Entroido, en que máscaras, grupos e comparsas terán tamén cabida. O propio Gayoso e os seus colaboradores levarán traxes de Entroido e a Asociación Cultural Faltriqueira poñeralle música a esta festividade interpretando “Entroido en Torea”.
O “Luar” contará tamén coa Real Banda de Gaitas de Ourense, que interpretará as “Marchas galaico-chinesas”. Xornada decisiva así mesmo para o concurso “Recantos”, que se achega ao seu final coa eliminación de catro participantes.

Atopar capítulo por: