CRTVG

Buscar

Luar

"Luar Ano Novo" con Carlos Núñez, Mocedades, Lucía Pérez e Christian Escuredo

01/01/2016 22:00 h

A pesar da resaca de onte, o ritmo e a música non van parar neste primeiro “Luar” do ano, xa que hoxe contará cunha grande oferta de todo tipo, que inclúe folclore, electrolatino e panxoliñas.
O encargado de abrir esta gran festa de Aninovo é, nada máis nin nada menos, que o gaiteiro Carlos Núñez co tema “Mambo”, e cara ao ecuador da gala actuará facendo un tributo a “The Chieftains”, a agrupación folclórica irlandesa. A seguinte aposta da velada é o tradicional grupo Mocedades, composto por Izaskun Urganda, Fernando González, Rosa Rodríguez, José María Santamaría e José Miguel González. 
O público tamén terá a ocasión de mover o corpo a ritmo latino coas orquestras New York e La Fórmula, con repertorios que inclúen os temas do latino do momento. E rematarán a festa co cantante e produtor canario Dasoul e o seu famoso “Y si me porto mal”. Pese á súa xuventude, leva anos inmerso no mundo da música e ademais da súa faceta como intérprete, dedícase a producir e compoñer para outros artistas.  
E como toda festa de Nadal que se prece, non van faltar as panxoliñas. Os encargados de dar ambiente de festas serán Lucía Pérez, que interpretará “A festa do belén” cun grupo de rapaces, e Christian Escuredo. Aínda que tampouco faltará a música tradicional e o baile galegos grazas á agrupación de gaiteiros Airiños de Orbazai e coa Agrupación Folclórica Armadanzas de Laraño. 

Atopar capítulo por: