Índice de contidos
00:07 Los Sírex: "Maldigo mi destino"
02:50 Banda de Música de Salvaterra do Miño: "Mozos do Penedo"
10:19 Origen Tradicional: "Tirana"
19:33 "A Maxía do Noso"
24:53 Axenda de festas
26:26 As Pandeireteiras de Verducido interpretan "Son muller"
30:02 Mensaxe Luis Iglesia
31:24 Chegan, por fin, as famosas tías de Cuqui ao plató do Luar!
35:02 Orquestra Los Satélites: "Os amigos"
44:17 Airiños da Peneda: "Foliada da Moureira"
47:46 Falamos de reciclaxe e do problema do plástico con Bruno Díaz, Doutor en Ecoloxía
56:58 Natalia cántanos "Un poco de mí" e demóstranos que é unha experta no tema da reciclaxe!
01:08:29 Sondeseu: "Campanas de Bastavales"
01:18:37 Rosa Cedrón: "Benditas feridas"
01:31:14 Xosé Manuel: "Nena"
01:35:26 Lola e Antón non se poñen de acordo en como celebrar a voda
01:51:13 Agrupación Folclórica O Fiadeiro: "Muiñeira do Son"
01:58:00 Los Sírex interprétannos un popurrí dos seus grandes éxitos
02:03:02 Falamos con Gloria Hernández
02:04:41 Orquestra Los Satélites: "Vámonos pa' la fiesta"
02:10:14 Cuqui conta, coas súas tías presentes, a historia de cando lle foron mercar un pendente ao porco
02:18:12 Sondeseu: "Aire de Berducido"
02:22:23 Sondeseu e Rosa Cedrón interpretan "Aí vén o maio"
02:26:17 Falamos con Eriko
02:35:02 Natalia: "Con ganas"
02:40:48 Airiños da Peneda: "Vaite lavar morena"
02:54:50 Guillermo Castro: "Son galego"
02:58:13 RECANTOS
03:07:43 Nere Blanco vén desde a Terra Chá para cantarnos "A Bikina"
03:15:17 Pachi Axeitos, representante das Terras de Ordes, cántanos "As mans na túa cintura"
03:19:10 O xurado valora as actuacións de Pachi e de Nere
“Luar” convida esta noite a subir ao seu escenario a Natalia, a menor daquela dourada primeira xeración de “Operación Triunfo”. A cantante, compositora e presentadora de televisión presentaralles aos espectadores galegos temas do seu novo disco, “Un poco de mí”, de estilo pop e tropical house.
Tamén esta convidada ao “Luar” deste venres cantante, violonchelista e compositora monfortina Rosa Cedrón, unha das voces máis recoñecidas do panorama musical galego. Esta artista, fortemente vinculada coa música galega e cunha sólida carreira ás súas costas, comezou no grupo Luar na Lubre e agora continúa en solitario, cun segundo disco no mercado, titulado “Nada que perder”.
Sondeseu, a primeira orquestra de música folk de Galicia, dirixida por Rodrigo Romaní, tamén terá un espazo esta noite. Os temas do conxunto, formado por máis de cincuenta músicos, recobran a tradición oral e permiten apreciar a versatilidade de gaitas, zanfonas, requintos e frautas.
Ademais, o espazo da TVG ofrecerá a actuación de Los Sírex, unha das grandes bandas históricas do rock español, ídolos dos 60, con grandes temas como “La escoba” ou “Que se mueran los feos”.
A proposta musical deste venres complétase con Daniel Pereira Band, a Banda de Música de Salvaterra do Miño, o grupo de música tradicional Airiños da Peneda, as Pandeireteiras de Verducido, a A.F. O Fiadeiro e Los Satélites, unha das orquestras con máis historia e tradición de Galicia.