CRTVG

Buscar

Luar

Luar (13/07/2012)

13/07/2012 22:00 h

Parece que o tempo de verán non acaba por instalarse en Galicia, así que “Luar”, facendo seu o refrán “Nunca choveu que non escampara”, poralles boa cara aos espectadores coma cada venres e proporalles como fío condutor falar de problemas e buscarlles solución.

    Esta edición é determinante para os cómicos que participan en “Os Humorosos”, xa que se enfrontan á gran final despois de superar durante toda esta tempada varias fases clasificatorias. Os tres finalistas, Menos dá unha pedra, Tres de Trasancos e As Lerchas, amosan a mellor das súas calidades artísticas para facerse co prezado premio. O xurado, composto por Víctor Fábregas, Tacho González e Isi, será quen dilucide quen é o mellor humorista galego outorgando dous premios de 5.000 e 2.000 euros, respectivamente. Tamén os aspirantes do certame de “Recantos” pasan por unha fase decisiva. O segundo gran finalista decidirase entre Tamara e Alfonso e Rubén Diumaró.

    A música segue a ter protagonismo en “Luar” durante grazas ás actuacións de María del Monte e do grupo de folk galego Malvela, que interpretará cancións do seu último disco, Raianas. As integrantes de Malvela e a sevillana sorprenden á audiencia interpretando xuntas a versión de “O Pirimpimpín”, que se escoita na serie da Galega “Padre Casares” e que foi gravada en disco por primeira vez pola agrupación galega. Lorena Lores e Marco Foxo completan as actuacións musicais da presente edición.

O espazo, que presentan Xose Ramón Gayoso e Maret, contará amais cos sketchs de Paco e Pepe e Campos e Crespo.

Atopar capítulo por: