CRTVG

Buscar

Luar

Luar (04/11/2011)

04/11/2011 22:00 h

Noite de estreas en “Luar”. Un vez máis, os artistas escollen o programa musical da Televisión de Galicia para presentar os seus novos traballos a toda a audiencia galega. Ademais das novidades musicais tamén haberá sobre o escenario de “Luar” moito humor e moita participación do público e dos espectadores que o poden facer participando no concurso telefónico, onde poden gañar uns cartiños, ou colaborando no tema da noite, que nesta ocasión elaborará un ranking cos inventos que máis cambiaron a vida dos galegos.

 As estreas musicais coas que poderán gozar e bailar, ao longo da noite, serán a do novo disco de Chenoa, a cantante regresa con “Como un fantasma”, novas cancións producidas polo coñecido produtor británico, Nigel Walker. Novo traballo discográfico tamén é o que achegará David Cibera, “Canciones de nuestra vida” é o título co que o cantante quere rememorar os seus comezos na música onde no programa de televisión co mesmo nome que o álbum interpretaba moitos dos temas que inclúe nel.  

 Doutro lado, o grupo Luar na Lubre tamén está de estrea. Nesta ocasión non lle presentará ao público galego novo disco senón a nova voz feminina da formación. Outras actuacións que poderán ver os espectadores da TVG, ao longo da noite, serán a de dous novos participantes en “Recantos”,  Cristina Vázquez e Mar Rivero ademais da participación dos humoristas Os Dous de Sempre, Paco e Pepe, Campos e Crespo e Mucha e Nucha.  

Atopar capítulo por: