CRTVG

Buscar

Luar

Luar (03/02/2012)

03/02/2012 22:00 h

   Hoxe un programa especial a esta festa do entroido en que participarán personaxes tan representativos dalgunhas das localidades como as Madamas e galáns, as pantallas de Xinzo, os folións de Viana do Bolo, os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, os maragatos de Chantada ou os xenerais do Ulla.

    E mentres o escenario e o público de “Luar” se mergullan no Entroido, a música e o humor estarán presentes nesta noite de festa con Regina dos Santos, Manu Tenorio, Manolito El Pescador, Donicelas e os concursantes de “Recantos”. Así como tamén o humor e as ocorrencias de Paco e Pepe, Campos e Crespo e as actuacións de dous novos concursantes dos “Humorosos”.

    Por último, Luís de Matos achegará un novo número de maxia e ilusionismo que tamén estará moi relacionado co Entroido. 

Atopar capítulo por: