CRTVG

Buscar

Luar

Los del Río / Helena Bianco y los Mismos / Persé

28/03/2014 22:00 h

O programa xira entorno a como lle afecta o tempo á saúde e ao agro. Para iso conta coa participación do presidente da Real Academia Galega de Medicina, Xosé Carro; de Anxo Vázquez, ex director do espazo da TVG "Labranza"; e, como non, do meteorólogo Santiago Pemán.

No apartado musical, "Luar" ofrece as actuacións de Los del Río, que seguen incombustibles despois de máis de 40 anos de carreira e case tantos discos editados; Helena Bianco y los Mismos, unha das figuras máis importantes do pop español nos anos 60 e 70, que celebra os seus 50 anos de carreira musical; e o novo grupo galego Persé, que achega un pop melódico cun selo moi particular e unhas letras moi coidadas.

Como cada semana, a música tradicional tamén é protagonista no escenario, nesta ocasión coa presenza do grupo Treixadura, sinónimo de ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos; do Grupo Folklórico Huelearromero, da Banda de Música de Solfa e do Grupo Folclórico Nosa Terra.

"Luar" tamén conta hoxe co humor de Moncho Borrajo e estrea unha nova sección, a cargo do cantante Juan Valderrama, que ten carácter quincenal e que presenta novos valores da canción.

Ademais, non faltan á súa cita os concursos "Vai de Gaita", este venres co enfrontamento entre Santiago Lage e Víctor Antelo, e "Recantos", co duelo entre Patri Da Silva, procedente da Mariña, e Martín, representante da comarca Noia-Barbanza.

Atopar capítulo por: