Larpeiros
Lombo de porco con piña, biscoito de plátano e batido de amorodos
Os Larpeiros falan das froitas, que as hai para todos os gustos, épocas e ocasións: aromáticas, acedas, grandes, pequenas... e tamén están presentes en numerosas receitas de sobremesas e de pratos salgados. Sen dúbida ofrecen un universo enorme de sabores cos que gozar sen límite.
A don Benigno ocórreselle a idea de preparar unha receita moi saborosa e típica para celebracións especiais: lombo de porco con piña.
Adrián, o reporteiro máis lambón e viaxeiro do programa, vai voando ata A Coruña. Na cidade herculina aprende, da man de Pedro, como se elabora unha fantástica marmelada natural con froitas de tempada, que fai as delicias dos máis galdrumeiros.
E xa de volta na casa, a festa froiteira é completa co biscoito de plátano e o batido de amorodos cos que Leni e Marta agasallarán o resto dos “Larpeiros”.