CRTVG

Buscar

Larpeiros

Lentellas con orella / Minihamburguesas con queixo San Simón

29/01/2015 22:00 h

A don Benigno e a dona Lola tamén lles gustan os petiscos novos e curiosos, pero eles son máis clásicos. Cando van aos bares prefiren comer as tapas de toda a vida: uns mexillóns, uns callos, unha orella co seu picante… Por iso, proporán facer un xantar mesturando dúas das tapas máis clásicas que existen: lentellas con orella, algo que soa a parella perfecta. Pola súa parte, Merchi e Leni prepararán unhas minihamburguesas con queixo San Simón. 

Unha vez decidido o menú, Adrián irá voando ata Vigo, onde percorrerá o casco vello á procura dos bares onde poñen os mellores petiscos da cidade, un traballo duro que alguén ten que facer.

Atopar capítulo por: