CRTVG

Buscar

Larpeiros

Lentellas con chocos / Pastel de amorodos con nata

07/05/2015 22:00 h

Despois de tomar boa nota da conversa, Benigno proporá facer un xantar acompañando as lentellas cunha cousiña do mar, nunha receita que os “Larpeiros” non probaron nunca: lentellas con chocos, un prato rico e diferente.

Unha vez coñecido o menú, Redondela será esta semana o destino de Adrián. Alí coñecerá a Rubén, que lle dará todas as claves para converterse en todo un lobo de mar, o que lle vai facer falta se quere pescar os mellores chocos da enseada de San Simón. De volta na casa, a festa será completa co pastel de amorodos con nata preparado por Merchi e Leni.

Atopar capítulo por: