As Luces
Lembrando a Carlos Casares, con Xabier Casares e Olivia Rodríguez
16/05/2017 01:00 h
Na semana das Letras Galegas, “As Luces” fai a súa achega á homenaxe a Carlos Casares, cun programa en que os protagonistas son Xabier Casares, irmán do escritor, e Olivia Rodríguez, profesora de Teoría Literaria na Universidade da Coruña e crítica literaria.
Pediatra, lector voraz e músico afeccionado, Xabier Casares custodia o legado de seu irmán como presidente da fundación que leva o seu nome, mentras que Olivia Rodríguez é unha gran coñecedera da obra do autor ourensán.