As Luces
Persoas relevantes de diferentes ámbitos profesionais e culturais debatirán sobre cuestións que concirnen a sociedade galega. O formato está producido pola canle pública e xira arredor dunha conversa sosegada entre dous persoeiros unidos por algún vínculo, unhas veces explícito e outras latente, que dará pé ao diálogo.
O escritor e xornalista Xose Carlos Caneiro encargarase de presentar e dirixir este espazo de 45 minutos de duración que descubrirá facetas pouco coñecidas dos convidados, ao tempo que suscitará unha conversa con propósito divulgativo sobre os máis variados ámbitos de coñecemento.