Larpeiros
Larpeiros. Programa 251: Percebes / Xardas ao forno con patacas e mexillóns / Tatín de pera
20/07/2015 22:00 h
Para o xantar, don Benigno e dona Lola tamén pensan facer un prato que, ademais de rico, sexa san e económico: xardas ao forno con patacas e mexillóns.
Adrián non deixará pasar a ocasión de comer uns bos percebes e para iso irá voando ata Oia, onde, da man de Olga, saltará de rocha en rocha á procura dos mellores percebes que se poden atopar nas rompentes. Despois de tanto traballo, a recompensa será, coma sempre, en forma de doce, nesta ocasión co tatín de pera co que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.