CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros (Especial I ). Nadal con ollomol e centolas cocidas. 21/12/2011

21/12/2011 22:00 h

Camiño do Nadal, os “Larpeiros” da Galega ofrecerannos esta noite unha velada en exclusiva en que nos van preparar unha comida de festa con moitos ingredientes excepcionais, na compaña do mestre Benigno Campos e dos seus colaboradores, que nos garantirán unha boa conversa, cancións e moito humor. Por esta mesa ilustrada desfilarán unhas espectaculares centolas, un ollomol ao forno e unha sobremesa caseira.

    Amais de encargarse de alimentar o espírito dándolle de comer ao corpo, especialmente nestas datas, os larpeiros vannos preparar uns menús natalicios para amosar que hai vida máis aló do bacallau con coliflor. Pero para conseguir estes manxares, o xornalista intrépido Tomás Alonso viaxará ata Bueu, onde un experto mariñeiro lle aprenderá a recoñecer as mellores centolas do mundo, despois de ter feitas as tarefas do barco.

    Namentres Tomás remata coa misión mariñeira, Leni irá ata o Convento do Salvador, en Ferreira de Pantón, onde as monxas lle aprenderán a facer unha rosca de améndoas como manda a tradición. Grazas aos traballos destes dous enviados especiais, o mestre Benigno e a súa colaboradora Lola cociñarán unha cea digna mesmo dos reis magos.

 

Atopar capítulo por: