CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros festeiros na Festa do Pan de Cea

03/07/2018 22:15 h

Este verán, os “Larpeiros” deixan a un lado o confort do seu estudio de gravación para participar nas festas gastronómicas de máis sona. O mestre Benigno Campos amosa a súa sabedoría diante dun público que lle poderá facer preguntas, facer suxestións e, por que non, botar unha man, se fose preciso.
Para todo isto conta coa axuda e o bo humor de Adrián, que tamén percorrerá a vila en festa, descubrirá a súa gastronomía e coñecerá moitos lambóns amigos das cousas ricas.
O primeiro “Larpeiros Festeiros” lévanos a Cea para dar a merecida homenaxe ao seu pan, aproveitando a 27ª Festa do Pan de Cea. Benigno cociña na Praza Maior coa axuda da polbeira Aurora Baranda, do Carballiño, un polbo con patacas sobre rebandas de pan e máis unha peza de pan rechea de tomate, touciño, ovos e queixo relado. Ademais, Adrián aproveita para coñecer como se elabora este pan.

Atopar capítulo por: