CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 93: Planeta salmonete!

27/09/2011 21:45 h

O mestre Benigno Campos e a súa axudante Lola nos van preparar un arroz con ameixas, moi ben acompañado por uns salmonetes que quitan o sentido.
Para conseguir tan ricos manxares, o noso xornalista de investigación, Tomás Alonso, desprazarase ata Corrubedo, na provincia da Coruña, onde o seu amigo Víctor lle dará unha clase práctica sobre como se pescan estes peixes delicados e saborosos. San e salvo, o noso larpeiro itinerante irá ao mercado de Pontevedra para facerse cuns salmonetes no posto do seu amigo Marcos e cunhas verduras onde a froiteira María. Unha vez reunidos todos no pazo, veremos como lle quedan a Benigno eses peixes e ese arroz con ameixas.

Atopar capítulo por: