Larpeiros
Larpeiros. Cap. 30: Filloas con sorpresa
17/09/2009 21:43 h
Filloas con sorpresa, conversa e humor, esta é a proposta de "Larpeiros", que se reúnen para dar a benvida a Bibiana Cardona e, coa axuda do mestre Benigno, Cruz e Lola, ensinar a facer unhas filloas recheas de carne de porco (con noces e dátiles) e outras con espinacas e cogomelos. Pola súa parte, o intrépido reporteiro Tomás Alonso achegarase ata a localidade da Baña a coñecer o proceso de elaboración das filloas á pedra, con Lola Landeira, toda unha experta na materia. Pero tamén se achegará a Lalín para buscar unha boa carne de porco, coa que encher as filloas, e ata o mercado de Teis (Vigo) para comprar o resto dos ingredientes e materias primas que lle pediu o mestre.