Larpeiros
Larpeiros (26/09/2012)
Os “Larpeiros” da TVG recoñecen o felices que son ao comer produtos de temporada, coma as primeiras castañas do outono, as nésperas da primavera ou as sardiñas perfectas do mes de xullo. Aproveitando que están no tempo dos tirabeques, don Benigno decidirá facer con eles un guiso de xarrete de vitela. Pero a cousa non acabará aí, porque Merchi e Leni prepararán unha sorpresa para o aperitivo con cereixas tamén de temporada.
O reporteiro intrépido do programa, Tomás Alonso, viaxa ás terras de Ortigueira, onde Manolo, un experto gandeiro, lle aprenderá case todo sobre a vaca frieiresa, unha das razas autóctonas galegas máis guapas e cunha carne máis saborosoa. Coa lección ben aprendida, Tomás irá ao mercado para completar a súa misión e mercar o xarrete e uns tirabeques fresquísimos.