CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros 120. Troitas en escabeche

18/07/2012 22:15 h

Coma calquera outra familia, Os “Larpeiros”, antes de almorzar, van entrar nunha divertida competición para ver quen esaxera máis, coma se se tratase de pescadores!...  Que se un comeu máis de cen troitas, que se non serían tantas... O certo é que as troitas son un peixe que se pode cociñar de mil xeitos, así que don Benigno non lle dá máis voltas e aposta por facer unhas troitas en escabeche.

    Para saber algo máis sobre este peixe, o noso intrépido investigador marcha cara aos ríos do Carballiño, onde terá que se enfrontar a troitas moi pillabanas, da man de dous expertos, Benito e Sindo. Completando a misión terá que facer unha rápida visita ao mercado de Pontevedra.

    Mentres, na casa rural onde se cociña todo, Merchi e Leni preparan unhas pastas de Lima que nos deixarán coa boca aberta, ata que por fin estean todos reunidos na mesa e comece a verdadeira festa.

Atopar capítulo por: